Durante a segunda avaliación participamos no programa DAFIS de VALORACIÓN DA CONDICIÓN FÍSICA SAUDABLE, promovido pola Secretaría Xeral para o Deporte.
Podes ver os resultados globais do centro no seguinte ENLACE (apartados INICIO e ANÁLISE), ou descargando o seguinte INFORME. Si queres un informe individualizado da túa valoración, envía unha petición ao profesor dcimadevila@edu.xunta.gal
O XERMÁN MÓVESE - PROXECTO DE VIDA ACTIVA E SAUDABLE DO IES XERMÁN ANCOCHEA QUEVEDO
Espazo de difusión e participación do Programa PROXECTA 2019/2020 -PROGRAMA DEPORTIVO DE CENTRO (PDC)/ DAFIS / XOGADE
xoves, 11 de xuño de 2020
xoves, 7 de maio de 2020
QUE O CONFINAMENTO NON NOS PARE!
A alerta sanitaria levounos a ficar na casa, pero non por iso imos a deixar pararnos. Trasladamos o ximnasio ao blog efnacasa.blogspot.com , nel podes atopar as tarefas da materia de EF e outras propostas para que ti e os teus sigades en movemento.
Imaxe: Cabeceira do blog da materia de EF efnacasa.blogspot.com
martes, 10 de marzo de 2020
CHARLA "O XERMÁN PENSA EN VERDE: BOAS PRÁCTICAS DEPORTIVAS E ESTILOS DE VIDA SAUDABLE"
No noso centro contamos con profesorado disposto a compartir o seu saber e talento moito máis alá das súas obrigas profesionais.
Javier Rego é profesor de electricidade, enxeñeiro industrial de formación, pero tamén é atleta e triatleta semi-profesional, chegando o ano pasado a participar nos Mundiais de Triatlón coa selección española. Como tal, é unha persoa preocupada e moi coñecedora acerca de hábitos saudables e nutrición.
Imaxe: Javier Rego durante unha competición de triatlón (arquivo persoal do triatleta).
Deso falou co alumnado de bacharelato e ciclos, unha mágoa que ainterrupción da actividade lectiva impedira que se realizara a charla prevista para o alumnado de ESO.
Imaxe: Javier Rego nun momento da súa exposición (11 de marzo de 2020)
Motivador, verdade?
xoves, 5 de marzo de 2020
XORNADA DE INTRODUCIÓN AO DEPORTE ORIENTACIÓN E CAMPIONATO ON-LINE DE ORIENTACIÓN DE PRECISIÓN
O alumnado de 1ESO participou nunha xornada de iniciación ao Deporte de Orientación. A actividade desenvolveuse nas instalacións do centro gracias a unha colaboración entre o dpto. de EF e o Clube de Montaña Peña Trevinca (delegación de O Barco), que achegou un deportista recoñecido a nivel nacional nesta disciplina e tódolos recursos materiais precisos para esta xornada.
Imaxe: Instantanea da explicación prévia a práctica de orientación indoor (5 de marzo de 2020).
O alumnado puido coñecer os aspectos técnicos básicos deste deporte de aventura e realizar unha práctica de orientación indoor na que se familiarizou no manexo do material empregado na modalidade de orientación a pé (mapa, compás e medios electrónicos de control).
Imaxe: Alumna preparada para o inicio da proba de orientación indoor (5 de marzo de 2020)
Coma complemento desta actividade, estaba previsto participar no Campionato Provincial Escolar de Orientación, no Carballiño, baixo a organización do programa de deporte escolar XOGADE. Unha mágoa que fose cancelado pola alerta sanitaria. Pero o confinamento "non nos desorientou" e todo o alumnado da ESO puido participar no Campionato on-line de orientación de precisión organizado polo Club Peña Trevinca de O Barco. Tivemos unha excelente participación e resultados. Tí mesmo podes comprobalo neste ENLACE.
Crees que xa sabes desenvolverte neste deporte?
Crees que xa sabes desenvolverte neste deporte?
mércores, 4 de marzo de 2020
XOGALOITA
Os nosos "pequenos" de 1ºESO amosan a súa forza e destreza na xornada de XOGALOITA celebrada no CPR Plurilingüe Santa María (Ourense), xunto cós centros CEIP A Ponte, CEIP Emília Pardo Bazán, CPI de Padrenda-Crespos e CEIP Plurilingüe Otero Novas.
Imaxe: Alumnado participando das actividades do XOGALOITA (4 de marzo de 2020)
Eran duros os de Cea!, non crees?
xoves, 16 de xaneiro de 2020
ALMORZO SAUDABLE
Que mellor premio para o concurso de aula da primeira avaliación que un ALMORZO SAUDABLE no comedor do centro.
Imaxe: Alumnado de 1ºESO participa do almorzo saudable (16 de xaneiro de 2020)
Facer as cousas ben pagou a pena!, non crees?
venres, 8 de novembro de 2019
XINCANA DEPORTIVA
A chuvia fixo que tivésemos que reinventarnos na celebración do magosto deste ano. Desta vez, quedamos a cuberto e practicamos distintas actividades lúdico-deportivas na XINCANA DEPORTIVA.
Imaxe: Alumnado participando da ximcana deportiva do magosto (8 de novembro de 2019)
Tira soga, bádminton, unihockey, mini-fútbol. mini-basket, brilé, vaoleibol. Cal foi a túa actividade preferida?
venres, 9 de novembro de 2018
RECREOS ACTIVOS
Grazas ao traballo do alumnado de 4ºESO e 1ºBACH puidemos desenvolver campionatos deportivos de brilé e fútbol-sala nos RECREOS ACTIVOS con unha gran participación do alumnado.
Foto: Lance dun partido no campionato de brilé (outubro de 2019)
Unha mágoa que nos quedasen pendentes os campionatos de baloncesto, tenis de mesa e bádminton. Non crees?
E tí, que tal o pasaches?
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
-
A alerta sanitaria levounos a ficar na casa, pero non por iso imos a deixar pararnos. Trasladamos o ximnasio ao blog efnacasa.blogspot.com ...
-
Durante a segunda avaliación participamos no programa DAFIS de VALORACIÓN DA CONDICIÓN FÍSICA SAUDABLE, promovido pola Secretaría Xeral para...
-
A chuvia fixo que tivésemos que reinventarnos na celebración do magosto deste ano. Desta vez, quedamos a cuberto e practicamos distintas ac...