O alumnado de 1ESO participou nunha xornada de iniciación ao Deporte de Orientación. A actividade desenvolveuse nas instalacións do centro gracias a unha colaboración entre o dpto. de EF e o Clube de Montaña Peña Trevinca (delegación de O Barco), que achegou un deportista recoñecido a nivel nacional nesta disciplina e tódolos recursos materiais precisos para esta xornada.
Imaxe: Instantanea da explicación prévia a práctica de orientación indoor (5 de marzo de 2020).
O alumnado puido coñecer os aspectos técnicos básicos deste deporte de aventura e realizar unha práctica de orientación indoor na que se familiarizou no manexo do material empregado na modalidade de orientación a pé (mapa, compás e medios electrónicos de control).
Imaxe: Alumna preparada para o inicio da proba de orientación indoor (5 de marzo de 2020)
Coma complemento desta actividade, estaba previsto participar no Campionato Provincial Escolar de Orientación, no Carballiño, baixo a organización do programa de deporte escolar XOGADE. Unha mágoa que fose cancelado pola alerta sanitaria. Pero o confinamento "non nos desorientou" e todo o alumnado da ESO puido participar no Campionato on-line de orientación de precisión organizado polo Club Peña Trevinca de O Barco. Tivemos unha excelente participación e resultados. Tí mesmo podes comprobalo neste ENLACE.
Crees que xa sabes desenvolverte neste deporte?
Crees que xa sabes desenvolverte neste deporte?
Excelente colaboración de Pablo representando ao Club Peña Trevinca. Creo que esta actividade foi todo un descubrimento para todos nós.
ResponderEliminarCreo que ademais de que me gustou moito esta actividade dáseme bastante ben.
ResponderEliminar